Formación Continua 2010 non é prioritaria para a AEAT |
|
| 22 Jan 2010 |
No día de hoxe os responsábeis de Recursos Humanos fixéronnos entrega da súa proposta de Formación Continua para 2010. E non podia ser de outra maneira: entregaron este rascuño no momento de comezarmos a reunión, obviamente sen dar tempo a que podamos estudalo debidamente e facermos chegar as nosas propostas de mellora con un tempo razoábel. Resposta: Tambén non facilitaron os dados da execución do Plano de Formación Continua de 2009, con o cual non podemos saber os cursos que foron feitos, os que ficaron por facer... Se a iso acrescentamos a "presión" adicional de ter que estar tudo apresentado no MAP antes de 1 de febereiro, chegamos á conclusión de que a Formación dos traballadores non é tema prioritario para a AEAT: unha pena cando tudo podia estar organizado muito mellor se houbese un pouco de interese polos responsábeis desta casa. No día de hoxe, e a máis tardar na segunda (luns), dia 25, faremos chegar, por escrito, as nosas propostas aos responsábeis pertinentes con a esperanza de que sexan melloradas as posibilidades de formación dos traballadores. Faceinos chegar as vosas suxestións para as incluirmos na nosas peticións, e vermos se entre todos conseguimos o Plano de Formación que merece o persoal da AEAT. Achegamos, con esta nota informativa, a proposta que nos facilitou a AEAT no día de hoxe.
|