Mais sobre os concursos CTH e Axentes Facenda Pública |
|
| 29 Jan 2010 |
A seguir disponibilizamos nota informativa sobre a situación dos concursos do Corpo Técnico e Axentes de Facenda Pública, cuxa resolución está prevista para a próxima semana.
|
CIG AEAT apresenta proposta sobre Formación Continua |
|
| 29 Jan 2010 |
A seguir disponibilizamos nota informativa sobre a reunión de onten de Formación Continua, ben como o escrito que apresentamos con as nosas propostas.
|
Complementos Específicos 2010 |
|
| 27 Jan 2010 |
A seguir disponibilizamos relación dos complementos específicos dos distintos Grupos -e escalóns- da Carreira Administrativa actualizados para o ano 2010.
|
Formación Continua 2010 non é prioritaria para a AEAT |
|
| 22 Jan 2010 |
No día de hoxe os responsábeis de Recursos Humanos fixéronnos entrega da súa proposta de Formación Continua para 2010. E non podia ser de outra maneira: entregaron este rascuño no momento de comezarmos a reunión, obviamente sen dar tempo a que podamos estudalo debidamente e facermos chegar as nosas propostas de mellora con un tempo razoábel. |
Sobre os criterios nos concursos do CTH e Axentes |
|
| 21 Jan 2010 |
Na reunión de onte a AEAT facilitounos os criterios que serán utilizados para a valoración da conciliación nos concursos próximos a serem resolvidos (CTH e Axentes de Facenda Pública). Como sempre, criterios que veñen impostos e nos cuais non foi admitida nenguna das propostas da parte social que facilitarían que a puntuación da conciliación fosse dada só nos casos debidamente xustificados. A seguir colocamos nota informativa da CIG AEAT a respeito:
|
Acordo salarial 2010: continua a perda de poder adquisitivo |
|
| 19 Jan 2010 |
Estamos a ver ano após ano, como os funcionarios públicos perdemos poder adquisitivo. Para 2010 o incremento do noso salario será de 0,3% coa Administración e os sindicatos CCOO, UGT e CSI-CSIF como responsáveis máximos, ao asinaren un acordo para todos os funcionarios que facilitará que, un ano máis, continuemos a perder diñeiro. Segundo podereis verificar na nota informativo que anexamos, a perda de poder adquisitivo dos funcionarios é máis dos 42% para o período 1982-2007.
|
Listados provisorios Concurso Vixilancia Aduaneira |
|
| 08 Jan 2010 |
Acabamos de receber agora mesmo os listados provisorios do concurso de Vixilancia Aduaneira (2009 A 03, BOE do 5/11/09). As pesoas interesadas que participen no concurso deben comprobar as pontuacións. A reunión da Comisión de Valoración está marcada para os días 13 e 14 de xaneiro. Se non tiverdes aceso aos listados (irán sendo actualizados nos próximos dias), quixerdes reclamar algunha pontuación ou cualquer outra cousa, é só contatardes connosco. |
Resolución concurso C1-A2 |
|
| 07 Jan 2010 |
A seguir disponibilizamos ligazón para descarregar a resolución do concurso dos subgrupos C1-A2 (2009 G 02) que foi publicada no BOE de hoxe e que ficara xa resolvido antes do Natal. Lembrai que as pesoas adxudicatarias teñen unha permison retribuida de 3 días para a tomada de pose (1 mes se houver mudanza de localidade), a contar desde a data do cesamento no posto anterior.
|