Manifesto: Con Aminetu Haidar na súa luita pola Soberanía do Sara Ocidental

15 Dez 2009

CIG inicia unha campaña de recolla de asinaturas en apoio a Aminetu Haidar e a luita pola soberanía do Sara Ocidental

A CIG acaba de iniciar unha campaña de recolla de asinaturas entre traballadores/as, seccións sindicais, comités de empresa e sindicatos en solidariedade coa activista saraui Aminetu Haidar na súa luita pola soberanía do Sara Ocidental. O manifesto de apoio pode ser asinado dixitalmente a través da web da CIG, é só clicar aqui.

...

A Confederación Intersindical Galega considera que as accións realizadas polos gobernos do Marrocos e do Estado español a través dos seus axentes e autoridades actuantes directamente vulneran a legalidade internacional, a lexislación interna de ambos os países e os direitos humanos de Aminetu Haidar, tal e como teñen manifestado diferentes gabinetes xurídicos, organizacións de defesa dos direitos humanos e grupos de apoio á activista saharaui Aminetu Haidar.

Desde o día 14 de novembro de 2009, Aminetu Haidar unicamente reclama ao Estado español o cumprimento da legalidade internacional e do direito interno español, o respeito aos seus direitos humanos e que sexa retornada á súa casa cos seus fillos e a súa familia en El-Aiun, Territorio Non Autónomo do Sara Ocidental, nas mesmas condicións documentais en que foi trasladada forzosamente ao Estado español, e agora contando coa súa vontade de regresar.

- Mais info sobre o caso Aminetu Haidar aqui

- Mais info sobre o Manifesto aqui