Exclusión da CIG no reparto de fondos estatais destinados á formación chega até o Congreso |
|
| 10 Dez 2009 |
A exclusión no reparto dos fundos estatais destinados á formación, a que estivo submetida a CIG desde 2004 até 2008, chegará até o Congreso depois de que a deputada do BNG, Olaia Fernández Davila, rexistrase unha proposición non de lei e unha pergunta parlamentar a respeito. Quer a pergunta, quer a proposición no de lei batem o ponto no cumprimento da sentenza que obriga o Estado a considerar a CIG no reparto deses fundos e recoñece que foron violados os principios de igualdade e liberdade sindical.
|