Concurso auxiliares 2009 G 01 publicado no BOE

30 Nov 2009

Também foi publicada convocatoria para concurso do subgrupo A1

A seguir disponibilizamos a ligazón para descarregar a resolución do concurso de auxiliares administrativos (2009 G 01) que foi publicada no BOE de hoxe.

Igualmente, disponibilizamos a ligazón para descarregar a convocatoria do concurso do subgrupo A1 (publicada no BOE do 28/11/09).

 

Listados pontuacións concurso CTH de 27/08/2009

26 Nov 2009

Mais información na CIG-AEAT chamando para o 981 616 889

A AEAT xá disponibilizou os listados coas pontuacións provisorias do concurso do Corpo Técnico de Facenda, que fora convocado no BOE de 27/08/09.

A reunión da Comisión de Valoración do concurso está axendada para os días 2 e 3 de decembro. Se tiverdes algunha reclamación ou consulta a respeito das pontuacións, contactai connosco.

 

AEAT estuda minorar axudas de Acción Social para 2010

26 Nov 2009

Na reunión de onten da Comisión Paritaria de Acción Social a AEAT deixou cair a hipótese de minorar determinadas axudas para o ano 2010; a parte social, é claro, mostrou a sua oposición.

Além disso, outros asuntos tratados foron o pagamento das axudas nos meses de outubro e novembro e o fundo sobrante que atinxe 1,1 millóns de euros.

 

Concurso Corpo Técnico de Facenda

23 Nov 2009

Mais información na CIG-AEAT chamando para o 981 616 889

No BOE de hoxe, foi publicada a convocatoria de un novo concurso para o Corpo Técnico de Facenda. Podeis aceder á resolución publicada aqui.

 

V Congreso da CIG Administración Pública em defesa do sector público

23 Nov 2009



María Carme López Santamariña, a primeira muller en ocupar a Secretaría Federal da CIG-Administración

O V Congreso da Federación da Administración Pública elexeu María Carme López Santamariña nova Secretaria Nacional, tornando-se deste modo na primeira muller que vai ocupar este cargo na Federación. A candidatura de López Santamariña conseguiu 77 votos, face aos 56 conseguidos por María Consuelo Rodríguez, os 30 de Rafael Aguirrebengoa, e os 16 de Manuel Facorro.

Full story »

 

Info sobre os diferentes concursos

20 Nov 2009

Mais información na CIG-AEAT chamando para o 981 616 889

A seguir disponibilizamos nota informativa sobre a situación dos distintos concursos da AEAT, e informamos que xá foi dada a coñecer a relación de adxudicatarios do concurso de Axentes 2009 A 01. Para mais info é só contactardes connosco.

 

Axudas restantes de Acción Social serán pagas neste mes

16 Nov 2009

Mais información na CIG-AEAT chamando para o 981 616 889

Segundo informan de Acción Social no ordenado deste mes (novembro de 2009) serán reembolsadas o resto das axudas que estaban pendentes de pagamento (exceptuando aquelas que tiveren incidencias por falta de documentación etc...).

Tende en conta que as axudas de promoción, estudos e xubilación xa foron pagas no ordenado de outubro.

 

Reunión da Comisón Permanente da Mesa de Saúde Laboral

12 Nov 2009

Mais información na CIG-AEAT chamando para o 981 616 889

A seguir disponibilizamos nota informativa sobre a reunión da Comisión Permanente da Mesa de Saúde Laboral, que tivo lugar hoxe, e na cal tratamos os seguintes asuntos:

- Resolución do Director da AEAT sobre o plano de actuacións da pandemia de gripe polo virus H1N1

- Accións formativas para o Plano de Formación de 2010

- Procedimentos de prevención

 

Convocatoria concursos Axentes Facenda e Corpo Técnico

12 Nov 2009

Mais información na CIG-AEAT chamando para o 981 616 889

A seguir disponibilizamos os rascuños (borradores) coas bases dos concursos para Axentes de Facenda Pública e o Corpo Técnico de Facenda, que sairán publicados en breve. Nen as bases nen os postos que sairán a concurso foron negociadas coa parte social.

Nestes concursos sairán os postos vacantes de necesaria cobertura antes da incorporación das novas promocións de Axentes e do CTH da convocatoria por aceso libre de 2008.

 

Nomeam en práticas Axentes Vixilancia Aduaneira

10 Nov 2009

Mais información na CIG-AEAT chamando para o 981 616 889

Xá saiu publicada a resolución coa nomeación en práticas da nova promoción de Axentes de Vixilancia Aduaneira (convocatoria de 2008). A data de efeitos da nomeación é de 11 de xaneiro de 2010.

No caso de non poderdes ter aceso á resolución, é só contardes connosco.

 

CIG apresenta queixa sobre a xestión das axudas para os funcionarios de Vixilancia Aduaneira

09 Nov 2009
Email , Categorias: Vixilancia Aduaneira, Info SVA,

A seguir disponibilizamos o escrito de queixa que acabamos de apresentar sobre a xestión das axudas de Acción Social para os funcionarios de Vixilancia Aduaneira.

Igualmente, disponibilizamos a relación das persoas que, en Madrid, levan os distintos tipos de axudas caso precisedes contatar con elas para coñecer o estado da vosa petición.

Os que tedes solicitacións pendentes de resolver tende en conta que están a mandar os requerimentos de documentación das axudas ao correo corporativo da Axencia.

 

Nomeación auxiliares administrativos da Administración do Estado (promoción interna)

09 Nov 2009
Email , Categorias: Información AEAT, Promoción,

No BOE de hoxe a resolución de 30 de outubro de 2009, da Secretaría de Estado para a Función Pública, por que é nomeado o pessoal funcionário de carreira do Cuerpo Xeral Auxiliar da Administración do Estado, por promoción interna para persoal funcionario e persoal laboral fixo.

Podedes descarregar em pdf a resolución clicando aqui.

 

Listados provisorios concurso Axentes

06 Nov 2009
Email , Categorias: Información AEAT, Concursos,

Mais información na CIG-AEAT chamando para o 981 616 889

Xá están disponíbeis os listados provisorios do concurso de Axentes da Facenda Pública. A reunión da comisión de valoración está marcada para os dias 18 e 19 de novembro próximos.

Para cualquer dúvida, consulta... non dúvides en contatar connosco.

 

Concurso SVA no BOE

06 Nov 2009

Mais información na CIG-AEAT chamando para o 981 616 889

A seguir disponibilizamos a resolución de 27 de outubro de 2009, da presidencia da Axencia Estatal de Administración Tributaria, por que é convocado concurso para a provisión de vagas de traballo, en Vigilancia Aduaneira. Lembrai que há 15 dias úteis para apresentar as solicitacións correspondentes:

 

10 anos sen banca pública

05 Nov 2009
Email , Categorias: Notícias Sindicato, Opinión,

Por Clodomiro Montero M.

Hai 10 anos da desaparición da banca pública no Estado Español a través da súa fusión co BBV, previamente Caja Postal, Banco Exterior e o Banco Hipotecario foran concentrados baixo a marca Argentaria.

Hai efemérides históricas que ninguén quere lembrar, moito menos en plena crise económica provocada por un sistema financeiro totalmente privado e en pleno debate sobre a concentración das Caixas de Aforros, as últimas entidades financeiras baixo control públicas do Estado español.

Full story »

 

1 2 >>