No domingo, dia 18 de outubro, todos a Compostela

15 Out 2009

Non consintamos os ataques á nosa identidade

Para este domingo, 18 de outubro, ás 12h00 na Alameda de Compostela, está convocada a que todos aguardamos sexa uma nova grande manifestación a prol da língua galega, sinal noso de identidade e con a que estamos no mundo.

A CIG - Administración Pública, em todos os fóruns e organismos, posicionouse a prol de darmos a resposta que corresponde, como se fixo hoxe na Dirección Comarcal de Vigo da CIG.

Para a vossa información colocamos ligazóns para os distintos manifestos elaborados sobre a língua, para lerdes, assinardes e difundirdes:

- Manifesto pola Hegemonia Social do Galego

- Galego Sempre Mais

- Queremos galego

- Galego patrimonio da Humanidade

- ProLingua