Mudanzas no concerto sanitario da MUFACE |
|
| 29 Out 2009 |
Nas pasadas semanas finalizou o prazo para a renovación das distintas entidades médicas para a prestación da asistencia sanitaria aos mutualistas da MUFACE. Pois ben, informamos que tres entidades aseguradoras: Mafre familiar, Caser e "La Nueva Equitativa", e debido a razóns estritamente empresariais, non apresentaron propostas para renovar o concerto para os anos 2010 e 2011. |
Rectificación bases do concurso do SVA |
|
| 28 Out 2009 |
A seguir disponibilizamos a rectificación das bases do concurso do SVA que será publicado proximamente e no cual sairán as vagas dos funcionarios que estiveren en postos provisorios (comisións de servizos e adscripcións provisorias). Aínda non temos a relación das vagas convocadas, cuando as tivermos xa informaremos.
|
Disponibilizado listado pontuacións concurso C2 (auxiliares) |
|
| 23 Out 2009 |
Xá está disponíbel para consulta o listado con as pontuacions provisorias do concurso C2 (auxiliares). A reunión da comisión de valoración está prevista para os días 28 e 29 de outubro. Se tiverdes algunha dúbida con as puntuacións ou quixerdes facer algunha reclamación, contactai connosco. |
Lista exclusións oposición Axentes Facenda Púlbica (promoción interna) |
|
| 19 Out 2009 |
Abaixo disponibilizamos resolución publicada no BOE deste pasado sábado, con a lista de pesoas excluídas á oposición para Axentes de Facenda Pública (promoción interna), ben como a modificación da data para a realización do primeiro exercicio.
|
Info sobre a mesa de saúde laboral |
|
| 15 Out 2009 |
A seguir disponibilizamos nota informativa sobre a reunión de hoxe da Comisión Permanente da Mesa de Saúde Laboral, na cual foron tratados os asuntos que seguem:
|
No domingo, dia 18 de outubro, todos a Compostela |
|
| 15 Out 2009 |
Para este domingo, 18 de outubro, ás 12h00 na Alameda de Compostela, está convocada a que todos aguardamos sexa uma nova grande manifestación a prol da língua galega, sinal noso de identidade e con a que estamos no mundo. A CIG - Administración Pública, em todos os fóruns e organismos, posicionouse a prol de darmos a resposta que corresponde, como se fixo hoxe na Dirección Comarcal de Vigo da CIG. Para a vossa información colocamos ligazóns para os distintos manifestos elaborados sobre a língua, para lerdes, assinardes e difundirdes:
|
Resolución concursos AEAT |
|
| 15 Out 2009 |
A seguir disponibilizamos nota informativa da reunión de onte sobre a resolución dos concursos da AEAT, ben como o arquivo con os criterios que irán ser utilizados para a baremación da epígrafe correspondente á conciliación familiar:
|
Previsión para a resolución dos concursos AEAT |
|
| 09 Out 2009 |
Para xá, nformamos que no vindoiro dia 14 de outubro serán constituídas as Comisións de Valoración dos concursos da AEAT que relacionamos a seguir:
En principio, neses días a AEAT há de facilitar os criterios que van acompañar para outorgar a pontuación correspondente ao epígrafe de conciliación. Esperamos informen tamén dos prazos previstos para a resolución dos concursos, ben como as datas en que han de facilitar os listados coas pontuacións. Cuando tivermos mais notícias, já informaremos a respeito. |
Modificación calendario exames Axentes |
|
| 09 Out 2009 |
Na páxina da AEAT podedes ver a modificación co novo calendario de exames para Axentes de Facenda Pública de promoción interna. O primeiro exercicio pasa, previsiblemente, de 7 para 21 de novembro; a data prevista para o segundo exercicio continua a ser 20 de febereiro de 2010.
|
Info produtividades mensais |
|
| 06 Out 2009 |
Desde xá, quem quixer ter acesso á info da produtividade mensal na sua Delegación, é só contatar con as seguintes delegadas e delegados da CIG AEAT:
Para mais info sobre como contatar as delegadas e delegados da CIG AEAT é só acesar aqui. |