Oposicións AEAT 2009: listados de admisións e exclusións

29 Set 2009

Informamos que no BOE de hoxe tendes as resolucións coas relacións provisorias de admisións e exclusións ás seguintes probas selectivas da AEAT (convocatoria 2009):

- Axentes de Vixilancia Aduaneira

- Corpo Executivo de Vixilancia Aduaneira (libre e interna)

- Axentes de Facenda Pública (libre e interna)

- Corpo Técnico de Facenda (libre e interna)

- Inspectores de Facenda (libre e interna)

Os listados de admisións poden ser consultados na páxina da Axencia Tributaria.