Continua a queda da actividade económica na Galiza |
|
| 29 Set 2009 |
O Gabinete Técnico da CIG acaba de dar a coñecer un relatorio sobre a situación económica no noso país, en que se analisa como está a afectar a crise económica ao crecemento económico, a evolución do ocupación segundo as actividades que se desenvolvan, taxas de temporalidade e aumento do desemprego, entre outros dados e análises. ... O relatorio foi realizado pola economista do Gabinete técnico da CIG, Natividad López Gromaz, e os dados demjonstran que a queda da actividade económica na Galiza non acaba de tocar fundo, sendo que os sectores do téxtil, construción e automóvel son os mais prexudicados. No que diz respeito aos traballadores e traballadores, os dados reflectem que os que mais están a sofrer son autónomos e asalariados con contrato temporario e que a economia mergullada prolifera "como fungos en épocas de crise". O relatoria asinala tamén que a taxa de desemprgo está aumentando exponencialmente, quer em termos absolutos (170.400 persoas sen emprego), quer no período de duración do desemprego (mais alongado). Para coñecer máis de perto todos estes datos, acompañados da analise e reflexións da economista do gabinete técnico da CIG Natividad López Gromaz, disponibilizamos a seguir o relatorio completo: |