Oposicións AEAT 2009: listados de admisións e exclusións

29 Set 2009

Informamos que no BOE de hoxe tendes as resolucións coas relacións provisorias de admisións e exclusións ás seguintes probas selectivas da AEAT (convocatoria 2009):

- Axentes de Vixilancia Aduaneira

- Corpo Executivo de Vixilancia Aduaneira (libre e interna)

- Axentes de Facenda Pública (libre e interna)

- Corpo Técnico de Facenda (libre e interna)

- Inspectores de Facenda (libre e interna)

Os listados de admisións poden ser consultados na páxina da Axencia Tributaria.

 

Continua a queda da actividade económica na Galiza

29 Set 2009

Gabinete Técnico da CIG apresentou relatorio

O Gabinete Técnico da CIG acaba de dar a coñecer un relatorio sobre a situación económica no noso país, en que se analisa como está a afectar a crise económica ao crecemento económico, a evolución do ocupación segundo as actividades que se desenvolvan, taxas de temporalidade e aumento do desemprego, entre outros dados e análises.

Full story »

 

Prevención da Gripe A na axenda da AEAT

24 Set 2009
Email , Categorias: Información AEAT, Info Xeral,

Mais información na CIG-AEAT chamando para o 981 616 889

A seguir disponibilizamos nota informativa acerca da reunión da Mesa Xeral de onte, 23 de setembro, ben como o calendario de reunións das diferentes Mesas agendado para o resto deste ano.

Entre os asuntos tratados na reunión de onte destaque para a Gripe A e os grupos de risco na AEAT, asunto que, a pedido sindical, a AEAT prometeu tocar en profundidade na reunión da mesa de Saúde Laboral marcada para 1 de outubro próximo.

 

CIG apresenta escrito de queixa perante a AEAT

21 Set 2009

Mais información na CIG-AEAT chamando para o 981 616 889

A seguir disponibilizamos o escrito que acabamos de apresentar perante a Dirección de Recursos Humanos tocante á "pasividade" evidente da AEAT en asuntos como: mobilidades xeográfica e concursos, nomeacións funcionários promoción interna, carreira administrativa, saúde laboral e vixilancia aduaneira.

 

Estado español: efeitos da regresividade fiscal

16 Set 2009
Email , Categorias: Notícias Sindicato, Opinión,

Por Vicenç Navarro

Desde o inicio da época neoliberal, a maioría dos países da Unión Europea (incluíndo o Estado español) implementaron políticas de redución de impostos, cun aumento moi salientábel da súa regresividade. Como consecuencia, as rendas do capital e as dos grupos máis podentes da sociedade viron reducir os seus impostos dun xeito moi marcado, aumentando así substancialmente os seus ingresos.

Full story »

 

Nomeación funcionarios promoción interna do Corpo de Xestión de Sistemas e Informática, especialidade de Administración Tributaria

14 Set 2009
Email , Categorias: Información AEAT, Promoción,

A seguir disponibilizamos resolución de 7 de Setembro de 2009, da Secretaría de Estado para a Función Pública, pola cal son nomeados funcionarios de carreira, polo sistema de promoción interna, do Corpo de Xestión de Sistemas e Informática da Administración do Estado, especialidade de Administración Tributaria.

 

Calendario previsto exames Axentes Tributarios

12 Set 2009

A seguir informamos do calendario previsto para os exames do Corpo Xeral da Administración do Estado, Especialidade da Fazenda Pública (promoción interna) publicado onte na páxina da Axencia Tributaria:

- Primeiro exercicio: 07 de Novembro de 2009

- Segundo exercicio: 20 de Febereiro de 2010

 

A licenza por doenza non prexudica o direito a vacacións

11 Set 2009

Tribunal de Luxemburgo ditou unha sentenza que recoñece o direito do traballador a un outro período de ferias

O Tribunal de Xustiza da UE recoñeceu, en sentenza de 10 de setembro de 2009, que un traballador que se encontre de licenza por incapacidade temporaria durante o período fixado no mapa de vacacións da empresa ten direito de as gozar nunha altura diferente da que coincide con ese período de licenza por doenza.

Pódese consultar na íntegra a sentenza, ben como o pedido que a motivou no xornal dixital Avantar.

 

Convocatoria cursos inglés INAP

07 Set 2009
Email , Categorias: Información AEAT, Formación,

Mais información na CIG-AEAT chamando para o 981 616 889

A seguir disponibilizamos información sobre a convocatoria dos cursos de inglés do Instituto Nacional de Administración Pública que foia publicada no BOE do pasado día 2 de setembro.

 

Publicado no BOE concurso A2 (CTH)

01 Set 2009

Mais información na CIG-AEAT chamando para o 981 616 889

Se ainda non pudestes consultar o BOE, informamos que no pasado día 27 de agosto foi publicado o concurso do CTH (Corpo Técnico de Facenda). Se precisardes algunha aclaración contactai connosco.