Comunicado conxunto ante Recursos Humanos da AEAT

29 Jul 2009

A seguir disponibilizamos comunicado conxunto da parte social, dirixido á dirección de Recursos Humanos, reclamando a actualización e planificación dos asuntos pendentes na negociación colectiva, entre os cais:

- desenvolvimento da carreira profisional

- novo sistema de mobilidade

- promoción interna A2 para A1

- produtividade mais obxectiva e xusta

- Acordo Horario e segunda atividade en Vixilancia Aduaneira

 

Procesos selectivos AEAT: correción erro en Anexo V

29 Jul 2009

A seguir disponibilizamos comunicación do Subdirector de Relacións Laborais acerca da correción nos Anexos para os certificados de méritos das convocatorias de promoción interna para aceso aos corpos Executivo de Vixilancia Aduaneira, Técnico de Facenda e Axentes da Facenda Pública, ben como os novos anexos xa corrigidos.

 

Agosto declarado inábil a efeitos de prazos nas provas selectivas

29 Jul 2009

A seguir disponibilizamos ligazón para descarregar resolución, publicada no BOE de hoxe, declarando inábil o mes de Agosto a efeitos de prazos nos procesos selectivos da AEAT, oferta de emprego 2009.