Publicado no BOE concurso geral AEAT C1 e A2

24 Jul 2009

No BOE de hoxe foi publicada a resolución do concurso para os grupos C1 e A2. As vagas (prazas) da Galiza comezan na páxina 23. Para o próximo dia 27, está prevista a publicación do concurso de Axentes Tributarios.

 

BOE publica listados de admisións e exclusións para os exames MAP

24 Jul 2009

Hoxe foi publicada no BOE a lista de admitidas/os e excluidas/os para os exames do MAP, ben como as datas de realización dos exames.

Revisai ben se estades nas listas, pois hai moitas/os excluídas/os, e o prazo para a corrección de erros é de 10 días úteis. Os listados de admitidas/os e excluídas/os son os dos seguintes procesos selectivos:

- Corpo Xeral Auxiliar (libre e promoción interna)

- Corpo Xeral Administrativo (promoción interna)

- Técnico Auxiliar de Informática (promoción interna)

- Xestión do Estado (libre e interna)

- Xestión de Sistemas e Informática (libre e interna)

- Xestión de Organismos Autónomos (interna)