Galiza continúa sendo a porta de entrada da cocaína para a Europa |
|
| 03 Jul 2009 |
![]() CIG AEAT reclama novamente unha potenciación dos meios humanos e materiais do Servizo de Vixilancia Aduaneira A sección sindical da CIG na Axencia Tributaria voltou a lanzar unha chamada de atención sobre a situación das costas galegas como «porta de entrada» á cocaína na Europa. Da central reclámase unha potenciación de meios humanos e materiais do Servizo de Vixilancia Aduaneira, razón pola cal a CIG xa se ten dirixido á Dirección Xeral de VA para que dote a Galiza dun Sistema Integrado de Vixilancia Exterior, similar ao que actualmente controla as costas andaluzas e canarias. |