Promoción Interna 2009

26 Jun 2009

Publicación prevista no BOE de 7 de Xullo

A seguir disponibilizamos nota informativa sobre as convocatorias de Promoción Interna para 2009, depois da reunión mantida onten con a AEAT.

Da CIG manifestamos a nosa indignación polo retraso desta reunión, pois entendemos que non é máis que unha maniobra da AEAT para evitar a negociación das cuestións do Acordo de Promoción Interna do ano pasado que están pendentes de tratar, como son, entre outras:

- A negociación da promoción interna ao subgrupo A1

- A redución de materias por antigüidade

- A simplificación dos distintos exames

- A mellora, en xeral, do sistema de promoción interna na AEAT

Alén diso, en dita reunión a parte social foi informada dos dados do persoal funcionario participante en 2008 que teñen direito a conservar o aprobado dos exercicios superados. Igualmente, da CIG batemos o ponto nunha serie de incongruencias observadas na Promoción Interna 2008 a respeito do CTH, Axentes Tributarios, e pessoal do SVA.