Promoción Interna 2009

26 Jun 2009

Publicación prevista no BOE de 7 de Xullo

A seguir disponibilizamos nota informativa sobre as convocatorias de Promoción Interna para 2009, depois da reunión mantida onten con a AEAT.

Da CIG manifestamos a nosa indignación polo retraso desta reunión, pois entendemos que non é máis que unha maniobra da AEAT para evitar a negociación das cuestións do Acordo de Promoción Interna do ano pasado que están pendentes de tratar, como son, entre outras:

- A negociación da promoción interna ao subgrupo A1

- A redución de materias por antigüidade

- A simplificación dos distintos exames

- A mellora, en xeral, do sistema de promoción interna na AEAT

Alén diso, en dita reunión a parte social foi informada dos dados do persoal funcionario participante en 2008 que teñen direito a conservar o aprobado dos exercicios superados. Igualmente, da CIG batemos o ponto nunha serie de incongruencias observadas na Promoción Interna 2008 a respeito do CTH, Axentes Tributarios, e pessoal do SVA.

 

Manual de Recursos Humanos: Permisións e Licenzas

22 Jun 2009

A seguir disponibilizamos a última versión do Manual de Recursos Humanos, actualizada a 6 de Outubro de 2008, un documento resumo das diferentes permisións e licenzas do persoal funcionario e laboral recollidas pola normativa vixente.

 

Xornada de verao 2009

16 Jun 2009

A seguir disponibilizamos información sobre a xornada de verao, que segundo o Acordo de Calendario Laboral comeza hoxe, 16 de xuño, e prolongará-se até o próximo 16 de setembro.

 

Máis de 600 delegados e delegadas participarán no V Congreso da CIG

16 Jun 2009

Comeza este sábado 20 de xuño, ás 9:30 horas

Máis de 600 delegados e delegadas participarán no V Congreso da CIG, que terá lugar os días 20 e 21 de xuño, en Compostela. Un Congreso que se desenvolverá en sesións plenarias abertas ás delegacións e persoas convidadas e aos medios de comunicación. Os debates, na primeira xornada, xirarán arredor do Informe de Xestión da Executiva e do Relatorio de Organización e Estatutos e na segunda, no decurso da mañá, do Relatorio Base. Á tarde presentaranse as candidaturas e votaranse os cargos e membros dos organismos: Executiva Confederal, Secretaría Xeral, Comisión de Garantías e Comisión Disciplinar.

 

O novo patamar da mundialização: a noosfera

12 Jun 2009
Email , Categorias: Notícias Sindicato, Opinión,

Por Leonardo Boff

A história avança através de tentativas, acertos e erros. Estamos assistindo à fase nascente da noosfera, que não consegue ainda ganhar a hegemonia por causa da força de um tipo de globalização excludente e pouco cooperativa, agora fragilizada por causa da crise sistêmica.

Full story »

 

Mobilidade xeográfica no debate

04 Jun 2009
Email , Categorias: Información AEAT, Carreira,

A seguir disponibilizamos nota informativa sobre a Mesa de Carreira Administrativa de hoxe, na cal foi tratado o asunto dos concursos de "Mobilidade Xeográfica". Achegamos, coa nota informativa, a proposta de Mobilidade que nos foi entregue na reunión e esperamos que a AEAT nos convoque próximamente coa resposta ás nosas peticións.