Pola defesa irrenunciábel do galego |
|
| 07 Mai 2009 |
A Executiva Confederal da CIG acordou somarse á mobilización en defesa da lingua do vindouro 17 de maio, Día das Letras Galegas, promovida pola Mesa pola Normalización Lingüística e un amplo número de organizacións sociais, entidades e colectivos de toda a nación, prevendose que se torne num acto masivo de reivindicación do galego como idioma proprio e nacional da Galiza. Paralelamente a esta convocatoria, a CIG está a realizar unha campaña de sensibilización lingüística, destinada aos centros de traballo, baixo o lema «Pola defesa irrenunciábel do galego, o idioma que nos une». Con ela preténdese concienciar da importancia de manter viva a reivindicación da normalización do idioma galega nos diferentes ámbitos da sociedade galega e, nomeadamente, no mundo de traballo. |