Asinado o acordo sobre a publicidade da produtividade

29 Mai 2009

A seguir disponibilizamos o acordo que no dia de onte asinou toda a parte social coa AEAT sobre a publicidade do complemento da produtividade e que, esperemos, sexa aplicado xa neste mes de maio.

Seguindo o criterio de Función Publica, a AEAT está obrigada a facilitar os listados de produtividade en arquivo electrónico cos seguintes dados: nome e apelidos dos perceptores, subgrupo, corpo, nível, denominación do posto de traballo, área e Numa, e cantidade percibida.

Xa acabou, porfin, a tentativa da AEAT de ocultar os dados...

 

Info Mesa Seguimento Acordo Carreira Administrativa de 28 de maio de 2009

28 Mai 2009

Mais información na CIG-AEAT chamando para o 981 616 889

A seguir disponibilizamos nota informativa da Mesa de Carreira Administrativa que decorreu no día de hoxe e a acta da reunión cos acordos adoptados o pasado día 21 de maio.

 

CIG AEAT impulsiona escrito contencioso-administrativo a respeito da produtividade

22 Mai 2009

A seguir disponibilizamos nota informativa a respeito da produtividade, ben como o escrito apresentado perante a Sala do Contencioso-Administrativo do Tribunal Superior das Asturias. Quer nota, quer escrito foron impulsionados pola maioria sindical ante as posicións defendidas pola dirección da AEAT sobre o asunto.

 

Pedido de reunión urxente da Mesa Técnica do SVA

22 Mai 2009
Email , Categorias: Vixilancia Aduaneira, Info SVA,

Mais información na CIG-AEAT chamando para o 981 616 889

A seguir disponibilizamos escrito que apresentamos onte, co apoio da maioría da parte social, pedindo unha reunión urxente da Mesa Técnica do SVA. Xa iremos informando das novidades que houver a respeito.

Nesta altura, estamos a recompilar todas as vosas queixas para facelas chegar aos responsábeis polo SVA. Portanto, se tiverdes asuntos para apresentarmos na Mesa, contatai connosco.

 

Unidade sindical consegue avanzos na aplicación da Carreira Administrativa

21 Mai 2009

Mais información na CIG-AEAT chamando para o 981 616 889

A seguir disponibilizamos info sobre a Mesa de Carreira Administrativa do día de hoxe en que foron tratados asuntos como a reclasificación postos de entrada, o cómputo do período de práticas, cómputo da antiguidade no SVA (nos supostos de integración), ou a problemática nos postos con claves H.V. (informática - disponibilidade horária).

Se tiverdes cuestións para a súa intepretación ou esclarecimento nesta Mesa de Seguimento do Acordo podeis contatar connosco, dessa maneira poderemos incluilas na orde de traballos das próximas reunións en que, por sinal, xá foron confirmados asuntos como o estudo da consolidación do grau ou garantias retributivas na promoción interna.

 

‘Wo is bilinguisme?’

15 Mai 2009
Email , Categorias: Notícias Sindicato, Opinión,

Por Vítor Vaqueiro

Nos pasados días, como consecuencia da campaña de intento de imposición do español que entidades como o Club Financeiro de Vigo e, sinaladamente, a asociación Galicia Bilingüe están a levar a cabo, viron a luz diversas opinións que denuncian ditos criterios impositivos. Sumareime ao debate con algunhas reflexións.

Comezarei dicindo que, nin son bilingüe, nin acredito no bilingüismo, dado que esa categoría, aplicada a toda unha colectividade, non pasa de ser unha afirmación hipócrita que tenta enmascarar a realidade, até o punto de non se coñecer ningunha sociedade, carente de conflito lingüístico, que sexa bilingüe. As sociedades normais son monolingües, independentemente da capacitación individual das persoas que a compoñen, porque iso é, social e economicamente falando, proveitoso.

Full story »

 

Cursos Formación Continua 2009

12 Mai 2009
Email , Categorias: Información AEAT, Formación,

Mais información na CIG-AEAT chamando para o 981 616 889

A seguir disponibilizamos información sobre os cursos de Formación Continua que xá apareceron colocados na Intranet da AEAT:

 

Traballadores non perden o direito a vacacións anuais remuneradas que non puderon gozar por causa de doenza

08 Mai 2009

Asesoria Xurídica Nacional da CIG informa sobre sentenza do Tribunal de Xustiza das Comunidades Europeas

A seguir disponibilizamos circular informativa dos nosos servizos xurídicos sobre o direito ás ferias (vacacións), após a novidosa sentenza do Tribunal de Xustiza das Comunidades Europeas. Para o pessoal que non estiver informado desta sentenza, salientamos que o direito a gozar das ferias anuais remuneradas non se perde se, por razón de baixa por doenza, non puderan ser desfrutadas dentro do ano natural.

 

Pola defesa irrenunciábel do galego

07 Mai 2009

A CIG fai un chamamento a mobilizarse o 17 de maio

A Executiva Confederal da CIG acordou somarse á mobilización en defesa da lingua do vindouro 17 de maio, Día das Letras Galegas, promovida pola Mesa pola Normalización Lingüística e un amplo número de organizacións sociais, entidades e colectivos de toda a nación, prevendose que se torne num acto masivo de reivindicación do galego como idioma proprio e nacional da Galiza.

Paralelamente a esta convocatoria, a CIG está a realizar unha campaña de sensibilización lingüística, destinada aos centros de traballo, baixo o lema «Pola defesa irrenunciábel do galego, o idioma que nos une». Con ela preténdese concienciar da importancia de manter viva a reivindicación da normalización do idioma galega nos diferentes ámbitos da sociedade galega e, nomeadamente, no mundo de traballo.