A CIG convoca manifestacións en todas as comarcas do País no Día Internacional da Clase Traballadora
A CIG vai desenvolver neste Primeiro de Maio, Día Internacional da Clase Traballadora, unha campaña de manifestacións por todo o País, continuando as mobilizacións que nos últimos meses a central veu desenvolvendo para reclamar que a crise sexa paga polo capital. Este ano o lema das manifestacións será «Emprego, Direitos e Prestacións Sociais» reivindicacións históricas que gañan especial importancia nestes tempos de crise non só económica, mas tamén de sistema.
...
Reivindicacións máis necesarias
Da CIG, neste Primeiro de Maio, continuaráse a reclamar a reactivación da economía coa criación dunha banca Pública, tamén na Galiza, que non permita o estrangulamento do sistema produtivo; a proteción dos desempregados/as e daqueles/as que xa non teñen ingresos por medio dun salario de reinserción laboral; unha fiscalidade progresiva en que paguen máis os máis ricos; unha ampliación dos sistemas de protección social básicos (saúde, pensións, atención a situacións de dependencia e discriminación, etc, ); o desenvolvimento de infraestruturas e actividades económicas baseadas na protección do meio ambiente e potenciación a soberanía alimentar..., é dicer, avanzar para un novo modelo económico e social, que comprometa a soberanía do pobo galego e o socialismo do século XXI.
Sobran as razóns para participar neste Primeiro de Maio nas manifestación convocadas pola CIG en todo o País.
MANIFESTACIÓNS NAS DISTINTAS COMARCAS
VIGO: ás 12:00 con saída dende a Doblada.
CORUÑA: ás 12:00 horas dende a Praza de Vigo.
COMPOSTELA: ás 12:30 horas dende a Praza Roxa.
FERROL: ás 12:00 horas con saída na Avenida do Esteiro.
MARIÑA: ás 12:30 horas dende a Praza do Conde de Fontao (FOZ).
LUGO: ás 12:00 horas dende a Ronda da Muralla
OURENSE: ás 12:00 horas dende o Pavillón dos Remedios.
PONTEVEDRA: ás 12:00 horas dende a Praza da Ferrería.