Primeiro de Maio: pola defensa do emprego, os direitos e as prestacións sociais |
|
| 30 Abr 2009 |
A CIG vai desenvolver neste Primeiro de Maio, Día Internacional da Clase Traballadora, unha campaña de manifestacións por todo o País, continuando as mobilizacións que nos últimos meses a central veu desenvolvendo para reclamar que a crise sexa paga polo capital. Este ano o lema das manifestacións será «Emprego, Direitos e Prestacións Sociais» reivindicacións históricas que gañan especial importancia nestes tempos de crise non só económica, mas tamén de sistema. |