Acordo Campaña IRPF 2008 |
|
| 17 Abr 2009 |
Como xa adiantábamos na nota informativa de onte, a CIG non asinou o Acordo de Renda. Á suba raquítica que ofrece a administración unimos tamén a total indefinición cuanto a xornadas e horarios ás que nos ten costumados a AEAT: non hai proposta concreta de xornadas e horarios, non sabe/non responde a respeito dos sábados... pretenden carregar en exceso o traballo de mañás, para non pagaren as horas de tarde, non hai intención de pagar os excesos horarios debido á gran concentración de encontros (citas) etc. ... A Admón entregounos outro borrador (descarregar abaixo) que, poderíamos dicer é un calco do que nos apresentaran o mércores: non recolle case nengunha das peticións da parte social e deixa os Delegados/as de turno á marxe para faceren en cada delegación o que lles viñer en gana. Sí é recollido na proposta o inicio da Campaña desde o 1 abril (para os que están no borrador) e é feita mención tamén aos tempos de folga segundo a normativa vixente. Da AEAT deuse por pechada a negociación? do Acordo de Renda, que non foi asinado por nengún sindicato. Á vista disto está claro o "aprezo" que ten a AEAT polos seus traballadores.
|