Proposta da AEAT para a Campaña IRPF 2008

16 Abr 2009

Onte á tarde tivemos a reunión para tratar as condicións da Campaña de Renda, que como xa sabedes, comezou en 1 de abril co borrador. A Admón entregounos unha primeira proposta de Acordo que, poderíamos dicer, é un calco do do ano pasado. Como este ano xa teñen escusa coa crise, nun primeiro momento aproveitaron para meter unha suba raquítica de 2% e, ainda por cima, só para as horas de mañá.

Ante tal despropósito, toda a parte social manifestamos a nosa máis absoluta indignación e, depois das consultas pertinentes ás "altas esferas", da AEAT ofrecen tamén unha suba de 2% para a tarde.

...

A respeito do tema do horario, distribuición de tardes e demais, a AEAT non está disposta a incluir no acordo nengunha mención por escrito a respeito diso (ou sexa, que teremos problemas de novo, pois cada Delegación irá por libre).De modo verbal sí comunicaron cais serán as súas instrucións a respeito dos horarios: de mañá, de 8:30 a 14:00 horas, e á tarde, un máximo de 3 horas, entre as 15:30 e as 19:00.

A respeito dos sábados, en principio, só teñen intención de abrir a plataforma os dous últimos sábados da Campaña.

Do resto das nosas peticións (persoal de informática suficiente, regulación dos tempos de folga (descanso), 15 minutos por renda, non aos postos virtuais, non sobrecarregar a xornada de maña, etc.) os responsábeis da AEAT pasan olímpicamente, ou sexa, "non sabe, non responde".

Nestas condicións xa podemos adiantar, que a CIG, como xa fixemos o ano pasado, non vai asinar o Acordo, xa está ben!.

Hoxe, ao longo da mañá teremos xa a reunión definitiva, pero xa podemos adiantar que non esperamos nengunha cousa nova e non cremos, sinceramente, que a AEAT vaia ter en conta ningunha das peticións da parte social.

Achegamos, con esta nota, o primeiro borrador do Acordo, onde podedes ver anotadas as contías do ano pasado.