AEAT apresenta proposta sobre mobilidade xeográfica

03 Abr 2009

Mais información na CIG-AEAT chamando para o 981 616 889

Despois de moito tempo á espera e cun retraso de, nada menos, que oito meses segundo o calendario que marcaba o acordo de carreira, a AEAT convocounos onte para tratar o tema da mobilidade xeográfica.

A AEAT fíxonos entrega dunha ¿proposta? de mobilidade no mesmo momento de comezar a reunión. Da CIG non entendemos porqué a AEAT non entrega a documentación co tempo suficiente para estudala e, podermos así, facer chegar as nosas propostas para que sexan tamén estudadas pola administración.

...

Esta proposta non satisface as pretensións da parte social pois supedita a mobilidade do persoal ás necesidades da AEAT, xa que:

1º) Non garante que os postos vacantes se ofrezan primeiro ao persoal que está prestando servizos na AEAT e deixa vía libre para ofrecelos aos funcionarios de novo ingreso.

2º) Prioriza a mobilidade de duns colectivos da AEAT a respeito de outros.

3º) Non facilitan que a parte social negocie coa admón as bases dos futuros concursos, tal e como establece a lei.

Por outro lado, recollemos en positivo a intención da Admón de simplificar e automatizar os concursose de que sexan auténticos concursos de mobilidade pois será estudada a posibilidade de que o persoal se poda "mover" co mesmo nivel e específico que se tiver ao concursar.

Tamén, na reunión de onte, a AEAT facilitounos os dados sobre os funcionarios que neste momento están en adscripción provisional (orixinadas tras pedir o reingreso dunha excedencia) e en comisión de servizos (orixinadas, na maioría dos casos, polos postos que saliron no Painel de RRHH).A AEAT manifestou a intención de sacar a concursos esas prazas e fíxonos entrega das Bases (abaixo colocamos á vosa disposición).

A maioría da parte social manifestamos a nosa disconformidade cos xestores desta casa, comezando por Pedroche e acabando coa responsables de RRHH, depois do acontecido nos últimos días coa produtividade e a intención (fallida ao final) dos responsábeis de non facilitaren os listados, tal e como establece a lei. Non sabemos cómo acabará isto.

 


Sede Nacional:
Delegación AEAT da Coruña

Telefone: 981 616 889
Fax: 981 127 222
Co-e: cigaeat[@]gmail.com


Quen somos na AEAT?
Ficha de Afiliación
Contacta
Agosto 2020
Seg Ter Qua Qui Sex Sab Dom
 << <   > >>
          1 2
3 4 5 6 7 8 9
10 11 12 13 14 15 16
17 18 19 20 21 22 23
24 25 26 27 28 29 30
31            

Busca

Ligações

Web Oficial da Confederación Intersindical Galega
Formación Online
Gabinete Confederal Saúde Labora
Fundación para o Estudo e a Divulgación da Cuestión Social e Sindical en Galiza
Fundación para a Orientación Profesional, Emprego e Formación en Galiza
CIG Administración Pública

Ferramentas do usuário

Feeds XML

More on RSS

Quem está online?

  • Usuários convidados: 1
Contadores

Contadores de visitas gratis para webCursosContadores de visitas gratis para web
powered by b2evolution