AEAT apresenta proposta sobre mobilidade xeográfica

03 Abr 2009

Mais información na CIG-AEAT chamando para o 981 616 889

Despois de moito tempo á espera e cun retraso de, nada menos, que oito meses segundo o calendario que marcaba o acordo de carreira, a AEAT convocounos onte para tratar o tema da mobilidade xeográfica.

A AEAT fíxonos entrega dunha ¿proposta? de mobilidade no mesmo momento de comezar a reunión. Da CIG non entendemos porqué a AEAT non entrega a documentación co tempo suficiente para estudala e, podermos así, facer chegar as nosas propostas para que sexan tamén estudadas pola administración.

Full story »