Campaña IRPF 2008: AEAT propón continuísmo

01 Abr 2009

Info da Mesa de IRPF do dia 1 de Abril de 2009

Hoxe, de novo, tivemos reunión para tratar as condicións da Campaña de Renda deste ano. Como esperábamos, a AEAT manifesta a súa intención de manter o acordo do ano pasado en todos os aspectos, tanto económicos (ou sexa, non hai suba das contías) como de organización.

Da CIG solicitamos, un ano máis:

- Información relativa aos orzamentos da Campaña e a suba das retribucións a respeito do ano pasado.

- Pagamento da totalidade dos tempos traballados.

- Retribuición ao persoal desde o primeiro día traballado, ou sexa o 1 de abril, pois xa está aberto o prazo para modificar e confirmar o borrador.

- Tomada en cosideración da necesidade do persoal de apoio informático durante toda a xornada.

- Horarios homoxéneos e negociados previamente na Mesa de Campaña de Renda.

- Respeito para os tempos de descanso precisos e con un tempo minimo de 15 minutos por declaración.

Resposta:

Un novo encontro foi marcado para os días 14 ou 15 de abril, esperemos que para aquela altura xa con propostas concretas, embora a nosa impresión sexa que a AEAT non vai mover nin un dedo polos traballadores que con o seu esforzo fan que a Campaña de Renda saia adiante.

 


Sede Nacional:
Delegación AEAT da Coruña

Telefone: 981 616 889
Fax: 981 127 222
Co-e: cigaeat[@]gmail.com


Quen somos na AEAT?
Ficha de Afiliación
Contacta
Setembro 2010
Seg Ter Qua Qui Sex Sab Dom
 << <   > >>
    1 2 3 4 5
6 7 8 9 10 11 12
13 14 15 16 17 18 19
20 21 22 23 24 25 26
27 28 29 30      

Busca

Ligações

Web Oficial da Confederación Intersindical Galega
Formación Online
Fundación para o Estudo e a Divulgación da Cuestión Social e Sindical en Galiza
Fundación para a Orientación Profesional, Emprego e Formación en Galiza
Centro de Formación Profesional Forga Milladoiro
CIG Administración Pública

Ferramentas do usuário

Feeds XML

What is RSS?

Quem está online?

  • Usuários convidados: 1
powered by b2evolution free blog software