Campaña IRPF 2008: AEAT propón continuísmo

01 Abr 2009

Info da Mesa de IRPF do dia 1 de Abril de 2009

Hoxe, de novo, tivemos reunión para tratar as condicións da Campaña de Renda deste ano. Como esperábamos, a AEAT manifesta a súa intención de manter o acordo do ano pasado en todos os aspectos, tanto económicos (ou sexa, non hai suba das contías) como de organización.

Da CIG solicitamos, un ano máis:

- Información relativa aos orzamentos da Campaña e a suba das retribucións a respeito do ano pasado.

- Pagamento da totalidade dos tempos traballados.

- Retribuición ao persoal desde o primeiro día traballado, ou sexa o 1 de abril, pois xa está aberto o prazo para modificar e confirmar o borrador.

- Tomada en cosideración da necesidade do persoal de apoio informático durante toda a xornada.

- Horarios homoxéneos e negociados previamente na Mesa de Campaña de Renda.

- Respeito para os tempos de descanso precisos e con un tempo minimo de 15 minutos por declaración.

Full story »