Primeiro de Maio: pola defensa do emprego, os direitos e as prestacións sociais

30 Abr 2009

A CIG convoca manifestacións en todas as comarcas do País no Día Internacional da Clase Traballadora

A CIG vai desenvolver neste Primeiro de Maio, Día Internacional da Clase Traballadora, unha campaña de manifestacións por todo o País, continuando as mobilizacións que nos últimos meses a central veu desenvolvendo para reclamar que a crise sexa paga polo capital. Este ano o lema das manifestacións será «Emprego, Direitos e Prestacións Sociais» reivindicacións históricas que gañan especial importancia nestes tempos de crise non só económica, mas tamén de sistema.

Full story »

 

AEAT apresenta propostas para Concursos e Mobilidade Xeográfica

29 Abr 2009

Como continuación das reunións anteriores, hoxe tivemos reunión da Comisión de Seguimento da Mesa de Carreira Administrativa para tratar diversos aspectos pendentes de desenvolver do Acordo, entre os cais destacamos Concursos, Mobilidade Xeográfico e a Reclasificación Funcionarios Tramo 0.

A seguir disponibilizamos nota informativa dando comprida información sobre cada asunto, ben como as Propostas de Bases apresentadas pola AEAT para concurso específico para Subgrupo C1, especialidade de Axentes da Facenda Pública; para concurso xeral para Subgrupo C1 e Subgrupo A2; e para mobilidade xeográfica.

 

28 de abril: Día Internacional da Seguranza e Saúde no Traballo

28 Abr 2009

Comunicado do Gabinete de Seguranza e Saúde Laboral da CIG no Día das Vítimas das más condicións de traballo

Desde que, vai xa para 14 anos, o sindicalismo internacional adoptou o 28 de abril como xornada de lembranza para as vítimas do traballo, non moitas cousas teñen mellorado a este respeito. De facto, cada 15 segundos morre no mundo un traballador/a como consecuencia dun accidente de traballo ou dunha doenza relacionada co traballo, e cerca de 5.500 morrerán cando acabar o día.

Dados escandalosos que, no caso da Galiza, maniféstanse en 72 persoas mortas por causa de acidentes laborais e máis de 1.200 traballadores e traballadoras afectadas por unha doenza profesional. Por isso, por todos os traballadores e traballadoras que sofren unhas malas condicións de traballo, na Confederación Intersindical Galega, continuaremos a levantar a nosa voz para reclamar a defesa da nosa saúde nos nosos lugares de traballo.

 

AEAT non aplica Carreira Administrativa aos funcionarios do Tramo 0

21 Abr 2009
Email , Categorias: Información AEAT, Carreira,

A seguir disponibilizamos nota informativa sobre a "non aplicación", cuando menos neste mes, do Acordo de Carreira Administrativa aos funcionarios de novo ingreso e que están no Tramo 0.

Para terdes toda a información, disponibilizamos igualmente tanto a redación da acta que fixo a AEAT, como as nosas alegacións, feitas coa intención de que a reclasificación fose extensiva tamén aos funcionarios que xa levan un ano na AEAT e aos que lles correspondería tamén a reclasificación pertinente.

 

CIG AEAT denuncia crescimento do narcotráfico na Galiza

18 Abr 2009
Email , Categorias: Vixilancia Aduaneira, Info SVA,

Faro de Vigo recolle opinións de Antón Lestón e Henrique Outeiral, traballadores do SVA e representantes da CIG

«O narcotráfico cresce na Galiza chegando aos níveis da década de 80», eis a manchete con que o xornal Faro de Vigo noticia na sua edición de onte, 17 de abril, as denuncias realizadas por Antón Lestón e Henrique Outeiral, traballadores do SVA e representantes da CIG.

Podeis ler o artigo, asinado por M. Méndez, diretamente no web do xornal vigués ou entón descarregar en formato PDF aqui.

 

Acordo Campaña IRPF 2008

17 Abr 2009

A CIG non asina o Acordo

Como xa adiantábamos na nota informativa de onte, a CIG non asinou o Acordo de Renda. Á suba raquítica que ofrece a administración unimos tamén a total indefinición cuanto a xornadas e horarios ás que nos ten costumados a AEAT: non hai proposta concreta de xornadas e horarios, non sabe/non responde a respeito dos sábados... pretenden carregar en exceso o traballo de mañás, para non pagaren as horas de tarde, non hai intención de pagar os excesos horarios debido á gran concentración de encontros (citas) etc.

Full story »

 

Proposta da AEAT para a Campaña IRPF 2008

16 Abr 2009

Onte á tarde tivemos a reunión para tratar as condicións da Campaña de Renda, que como xa sabedes, comezou en 1 de abril co borrador. A Admón entregounos unha primeira proposta de Acordo que, poderíamos dicer, é un calco do do ano pasado. Como este ano xa teñen escusa coa crise, nun primeiro momento aproveitaron para meter unha suba raquítica de 2% e, ainda por cima, só para as horas de mañá.

Ante tal despropósito, toda a parte social manifestamos a nosa máis absoluta indignación e, depois das consultas pertinentes ás "altas esferas", da AEAT ofrecen tamén unha suba de 2% para a tarde.

Full story »

 

Bases xerais axudas Acción Social 2009

14 Abr 2009

Informamos que hoxe a AEAT colocou na Intranet o Plan de Acción Social para o 2009, co cal xa están abertos os prazos para seren apresentadas as distintas axudas.

Disponibilizamos a seguir as Bases Xerais, se precisardes información dalgunha axuda en concreto podedes contactar com a CIG AEAT ligando para o 981 616 889.

 

Cursos promoción interna AEAT 2009

08 Abr 2009

Mais información na CIG-AEAT chamando para o 981 616 889

A seguir disponibilizamos información sobre os cursos de apoio á promoción interna da AEAT. O prazo para presentar as peticións acaba em 30 de abril.

 

Axudas: Muface e Acción Social

06 Abr 2009

Mais información na CIG-AEAT chamando para o 981 616 889

A seguir disponibilizamos información sobre as axudas de MUFACE que sairon no BOE deste pasado sábado (axuda para adquisición de vivenda).

Igualmente, aproveitamos para informar que no tocante ás de ACCIÓN SOCIAL 2009 estas serán publicadas na Intranet na segunda quincena de abril. O adiamento vén motivado porque aínda están a resolver axudas da convocatoria de 2008.

 

1 2 >>