Info da Mesa da Campaña de IRPF 2008 do dia 17 de Marzo |
|
| 17 Mar 2009 |
No dia de hoxe tivemos a primeira reunión de Campaña de IRPF 2008, ainda que teríamos que chamala, melhor dito, unha reunion "previa" e básicamente de apresentación da nova Directora do Departamento de Xestión Tributaria. Un ano máis a AEAT convócanos tarde e mal, e vemos que non hai presa por tratar as condicións en que se fará a Campaña de IRPF. A negociación do Acordo de Renda iniciaráse probabelmente na semana anterior à Semana Santa, xa que para a semana próxima, por razóns de calendario, non é posíbel realizar ningunha xuntanza. |
Congreso aproba proposta do BNG para os traballadores do SVA |
|
| 17 Mar 2009 |
A Comisión de Economía e Facenda do Congreso dos Deputados aprobou este mediodía, e grazas a iniciativa do BNG, instar ao Goberno a que, canto antes, se debata na mesa de negociación da Axencia Tributaria o paso a segunda actividade dos funcionarios do Servizo de Vixianza Aduaneira de máis de 55 anos, e así cumprir co estipulado na Lei 66/1997. A Comisión mencionada debatía esta mañá unha proposición non de lei da deputada do BNG, Olaia Fernández Davila, para mellorar as condicións laborais da plantilla do SVA, especialmente na necesidade do paso a segunda actividade dos funcionarios con máis de 55 anos. En aras á unanimidade, a parlamentar nacionalista transaccionou un acordo co grupo socialista e co grupo popular xa que incide nestes aspeitos.
|