Delegados e delegadas da CIG fórmanse para desenvolver «o traballo en igualdade»

13 Mar 2009

Participaron nunha xornada organizada pola Secretaría da Muller

A Secretaría da Muller desenvolveu este 12 de marzo a xornada de formación «O traballo en Igualdade», dentro do cuadro de actividades previstas con motivo do Día Internacional da Muller Traballadora. María do Carme López Santamariña, secretaria da CIG-Muller, abriu unha xornada que contou coa participación de María do Carmo García Negro, Fernando Nebril, de Homes Galegos pola Igualdade, as técnicas de igualdade e prevención da central, e o Secretario de Negociación Colectiva, Antolín Alcántara que encerrou o encontro.