Reunión da Mesa Técnica de Seguimento da Carreira Administrativa |
|
| 13 Mar 2009 |
Como era de xustiza, ao final a AEAT confirmounos que se realizará a reclasificación dos funcionarios que a data de 14/11/07 estaban situados no tramo 0 de Carreira Administrativa e tiñan menos de 2 anos de antigüidade, pasando automaticamente ao tramo 1 de carreira. Os efeitos económicos serán do día 1 de decembro de 2008, ou sexa, perceberán os atrasos correspondentes. Seguramente os funcionarios que se encontraren neste caso terán que esperar á nómina de abril para ver a reclasificación. |
Delegados e delegadas da CIG fórmanse para desenvolver «o traballo en igualdade» |
|
| 13 Mar 2009 |
A Secretaría da Muller desenvolveu este 12 de marzo a xornada de formación «O traballo en Igualdade», dentro do cuadro de actividades previstas con motivo do Día Internacional da Muller Traballadora. María do Carme López Santamariña, secretaria da CIG-Muller, abriu unha xornada que contou coa participación de María do Carmo García Negro, Fernando Nebril, de Homes Galegos pola Igualdade, as técnicas de igualdade e prevención da central, e o Secretario de Negociación Colectiva, Antolín Alcántara que encerrou o encontro. |