A central desenvolverá, con motivo do Día da Clase Obreira Galega, mobilizacións en todas as comarcas
«En defensa do emprego e as prestación sociais» será o lema baixo o que a CIG vai desenvolver este ano a campaña do Día da Clase Obreira Galega. O vindeiro 10 de marzo a central convoca os traballadores e traballadoras a participar nas concentración e manifestacións organizadas en cada unha das comarcas na defensa dos postos de traballo.
Ademais, o 11 de Marzo farase entrega en Compostela do premio co que a central quer recoñecer publicamente aquela loita dos traballadores e traballadoras que sobresaíse durante o ano anterior polas súas características e por servir de exemplo para o futuro.
...
Programa de mobilizacións:
Ferrol: manifestación ás 20 horas a partir do local da CIG (Avda. do Esteiro).
Vigo: manifestación ás 20:00 horas a partir da Vía Norte.
A Coruña: concentración ás 12:00 e posterior manifestación até a Delegación do Goberno.
Compostela: concentración ás 11:30h na Praza de Galiza.
Pontevedra: Manifestación ás 12:00 a partir do Pazo da Cultura até a Subdelegación do Goberno, con concentración na rúa Michelena.
Ourense: Concentración ás 11:30 horas na rúa do Paseo.
Lugo: Concentración desde ás 11:30 horas na rúa da Raíña.
A Mariña: Asemblea-concentración de delegados de Alcoa e fábricas auxiliares nas instalacións da empresa do aluminio.