Coa CIG na rúa o 10 de Marzo «na defensa do emprego e as prestacións sociais» |
|
| 08 Mar 2009 |
«En defensa do emprego e as prestación sociais» será o lema baixo o que a CIG vai desenvolver este ano a campaña do Día da Clase Obreira Galega. O vindeiro 10 de marzo a central convoca os traballadores e traballadoras a participar nas concentración e manifestacións organizadas en cada unha das comarcas na defensa dos postos de traballo. Ademais, o 11 de Marzo farase entrega en Compostela do premio co que a central quer recoñecer publicamente aquela loita dos traballadores e traballadoras que sobresaíse durante o ano anterior polas súas características e por servir de exemplo para o futuro. |