Secretaría da Muller da CIG outorga o Premio 8 de Marzo á presidenta do Comité de Lorenzo Froiz

07 Mar 2009

As traballadoras da antiga Valeo e da Conserveira Pérez Lafuente receberon unha mención especial pola súa continuada loita

A Secretaría da Muller da CIG acaba de conceder o premio do Día da Muller Traballadora, na súa III Edición, á presidenta do Comité de Empresa de Lorenzo Froiz, Lucía Freire, vítima de represión sindical e que se tivo que enfrontar a unha querela criminal apresentada pola empresa, acusándoa de falso testemuño ao declarar a favor dunha compañeira que fora sancionada.

O premio foi entregado pola secretaria de Muller, María do Carme López Santamariña, nun acto no que tamén receberon unha especial mención pola súa loita e valentía o conxunto das traballadoras da antiga Valeo e da Conserveira Pérez Lafuente.