Complemento de produtividade continuará a ser de coñecimento público |
|
| 26 Mar 2009 |
Nas pasados días estendeuse por todas as Delegacións e Administracións unha información relativa a que, de maneira iminente, xa non serían facilitados ás Xuntas de Persoal os listados do complemento de produtividade. O motivo para que a AEAT tomase esa decisión estaría nun relatorio elaborado pola Avogacía do Estado (que temos á vosa disposición) e que foi remitido ao MAP, no cal se indicaba, textualmente, que "…no existía base legal para la cesión a los representantes sindicales de los datos referentes a las cantidades que perciben los funcionarios por el complemento de productividad…". |
Oferta postos de traballo (ONGT) para Subgrupo C1 |
|
| 26 Mar 2009 |
A seguir disponibilizamos a oferta de prazas que sairon no Painel de Recuersos Humanos para funcionarios do Corpo Administrativo, subgrupo C1, ben como o formulario para realizar as peticións, caso sexa de interese:
|
Faro de Vigo noticia reivindicacións da CIG sobre o SVA |
|
| 23 Mar 2009 |
O traballo e as reivindicacións da CIG a respeito do SVA na Galiza continuan a ter difusión nos diferentes meios da comunicación social. Se há uns dias era o xornal La Voz de Galicia que recollia diversas denuncias que o noso sindicato realizaba a respeito, no dia de onte, 22 de Marzo, era o Faro de Vigo que falaba nas propostas lanzadas en nome da CIG por Antón Lestón, o noso responsábel na AEAT. A seguir disponibilizamos en pdf o texto da info publicada no xornal vigués. Tambén pode ser consultada via web na ligazón que vai a seguir: |
Info da Mesa da Campaña de IRPF 2008 do dia 17 de Marzo |
|
| 17 Mar 2009 |
No dia de hoxe tivemos a primeira reunión de Campaña de IRPF 2008, ainda que teríamos que chamala, melhor dito, unha reunion "previa" e básicamente de apresentación da nova Directora do Departamento de Xestión Tributaria. Un ano máis a AEAT convócanos tarde e mal, e vemos que non hai presa por tratar as condicións en que se fará a Campaña de IRPF. A negociación do Acordo de Renda iniciaráse probabelmente na semana anterior à Semana Santa, xa que para a semana próxima, por razóns de calendario, non é posíbel realizar ningunha xuntanza. |
Congreso aproba proposta do BNG para os traballadores do SVA |
|
| 17 Mar 2009 |
A Comisión de Economía e Facenda do Congreso dos Deputados aprobou este mediodía, e grazas a iniciativa do BNG, instar ao Goberno a que, canto antes, se debata na mesa de negociación da Axencia Tributaria o paso a segunda actividade dos funcionarios do Servizo de Vixianza Aduaneira de máis de 55 anos, e así cumprir co estipulado na Lei 66/1997. A Comisión mencionada debatía esta mañá unha proposición non de lei da deputada do BNG, Olaia Fernández Davila, para mellorar as condicións laborais da plantilla do SVA, especialmente na necesidade do paso a segunda actividade dos funcionarios con máis de 55 anos. En aras á unanimidade, a parlamentar nacionalista transaccionou un acordo co grupo socialista e co grupo popular xa que incide nestes aspeitos.
|
Primeiras infos sobre a Campaña IRPF 2008 |
|
| 16 Mar 2009 |
A seguir disponibilizamos escrito dirixido ao Delegado Especial sobre a iminente Campaña de IRPF. Para a vosa información, que saibades que mañá de maña (día 17 de marzo), teremos a primeira tomada de contacto en Madrid sobre o Acordo de Renda para o ano 2009.
|
Reunión da Mesa Técnica de Seguimento da Carreira Administrativa |
|
| 13 Mar 2009 |
Como era de xustiza, ao final a AEAT confirmounos que se realizará a reclasificación dos funcionarios que a data de 14/11/07 estaban situados no tramo 0 de Carreira Administrativa e tiñan menos de 2 anos de antigüidade, pasando automaticamente ao tramo 1 de carreira. Os efeitos económicos serán do día 1 de decembro de 2008, ou sexa, perceberán os atrasos correspondentes. Seguramente os funcionarios que se encontraren neste caso terán que esperar á nómina de abril para ver a reclasificación. |
Delegados e delegadas da CIG fórmanse para desenvolver «o traballo en igualdade» |
|
| 13 Mar 2009 |
A Secretaría da Muller desenvolveu este 12 de marzo a xornada de formación «O traballo en Igualdade», dentro do cuadro de actividades previstas con motivo do Día Internacional da Muller Traballadora. María do Carme López Santamariña, secretaria da CIG-Muller, abriu unha xornada que contou coa participación de María do Carmo García Negro, Fernando Nebril, de Homes Galegos pola Igualdade, as técnicas de igualdade e prevención da central, e o Secretario de Negociación Colectiva, Antolín Alcántara que encerrou o encontro. |
Coa CIG na rúa o 10 de Marzo «na defensa do emprego e as prestacións sociais» |
|
| 08 Mar 2009 |
«En defensa do emprego e as prestación sociais» será o lema baixo o que a CIG vai desenvolver este ano a campaña do Día da Clase Obreira Galega. O vindeiro 10 de marzo a central convoca os traballadores e traballadoras a participar nas concentración e manifestacións organizadas en cada unha das comarcas na defensa dos postos de traballo. Ademais, o 11 de Marzo farase entrega en Compostela do premio co que a central quer recoñecer publicamente aquela loita dos traballadores e traballadoras que sobresaíse durante o ano anterior polas súas características e por servir de exemplo para o futuro. |
Secretaría da Muller da CIG outorga o Premio 8 de Marzo á presidenta do Comité de Lorenzo Froiz |
|
| 07 Mar 2009 |
A Secretaría da Muller da CIG acaba de conceder o premio do Día da Muller Traballadora, na súa III Edición, á presidenta do Comité de Empresa de Lorenzo Froiz, Lucía Freire, vítima de represión sindical e que se tivo que enfrontar a unha querela criminal apresentada pola empresa, acusándoa de falso testemuño ao declarar a favor dunha compañeira que fora sancionada. O premio foi entregado pola secretaria de Muller, María do Carme López Santamariña, nun acto no que tamén receberon unha especial mención pola súa loita e valentía o conxunto das traballadoras da antiga Valeo e da Conserveira Pérez Lafuente. |