CIG-AEAT protesta polo retraso na reclasificación do Subgrupo C2 (Auxiliares)

05 Fev 2009
Email , Categorias: Información AEAT, Carreira,

Disponibilizamos complementos específicos de todos os subgrupos e tramos de carreira administrativa actualizados ao ano 2009

Como xa sabedes, o paso ao seguinte tramo de Carreira Administrativa dos funcionarios do Subgrupo C2 que tivesen a antigüidade suficiente, debía figurar xa na nómina de xaneiro. Unha vez máis, a AEAT retrasa a reclasificación para a próxima nómina, iso sí, con efeitos económicos de 1 de xaneiro.

Non podemos comprender por que tendo tempo suficiente para preparar as reclasificacións (pois o Acordo é de novembro de 2007), da Dirección de RHH non se dan as instrucións oportunas para que as reclasificacións sexan realizadas nas datas asinaladas.

...

Por outro lado, a AEAT, de modo unilateral e sen motivo aparente, tomou a decisión de retrasar a reclasificación dos funcionarios que se encontran nos postos de entrada (tramo 0) e que tiñan que pasar ao Tramo 1 no pasado mes de novembro (funcionarios de novo ingreso). A estes efeitos, para quen estiver nesta situación, temos á vosa disposición un modelo de escrito para apresentar a reclamación oportuna.