CIG-AEAT protesta polo retraso na reclasificación do Subgrupo C2 (Auxiliares) |
|
| 05 Fev 2009 |
Como xa sabedes, o paso ao seguinte tramo de Carreira Administrativa dos funcionarios do Subgrupo C2 que tivesen a antigüidade suficiente, debía figurar xa na nómina de xaneiro. Unha vez máis, a AEAT retrasa a reclasificación para a próxima nómina, iso sí, con efeitos económicos de 1 de xaneiro. Non podemos comprender por que tendo tempo suficiente para preparar as reclasificacións (pois o Acordo é de novembro de 2007), da Dirección de RHH non se dan as instrucións oportunas para que as reclasificacións sexan realizadas nas datas asinaladas. |