Comisión de Acción Social: Planos 2008 e 2009 |
|
| 04 Fev 2009 |
No día de onte reuniuse a Comisión de Acción Social en que tratamos diversos aspectos relativos ao seguimento do Plano de Acción Social de 2008 así como a dotación económica para o Plano de 2009.
... Por outro lado, os responsables de Formación comentaron que non teñen ningunha proposta nova para o Plano deste ano. A parte social estudará facer unha proposta conxunta para o seu estudo coa Administración a meados do mes de Febreiro. Nós estamos a elaborar un borrador con propostas para seren incluídas no novo Plano mais precisamos a vosa colaboración e as vosas suxestións. Se tiveres algunha proposta para o Plano de Acción Social podes contactar connosco escrevendo para o correo-e cigaeat[@]gmail.com.
|