Cursos de Formación 2009 |
|
| 29 Jan 2009 |
No día e onte reunímonos a parte social e a Administración na mesa de Formación Continua coa intención de chegar a un acordo no plan de formación para o ano 2009. O Plan de Formación ofertado pola AEAT para este ano é máis do mesmo, coas mesmas carencias que noutros anos en temas como a preparación para a promoción interna, cursos cunha duración ridícula (por exemplo, o curso de Prevención de Riscos Laborais para persoal do SVA Marítimo ten unha duración de 6 horas, cando o mínimo estipulado por lei serían 35 horas),etc... ... Ademáis, non se garantiu que os cursos comprometidos se fosen dar na súa totalidade, pois deixan aberta a posibilidade de recortes debido a crise. Tamén pedimos que se nos explicase o proceso de selección do profesorado debido ás numerosas queixas recebidas, sen conseguirmos unha resposta aceitábel por parte da Administración. Sí que fomos capaces de conseguir un compromiso por parte dos responsábeis de Formación para que nas Administracións onde o numero de alumnos for suficiente (caso de Santiago, Ferrol, etc), non teñan que se desprazar á Delegación, e así poderen facelo na propia Administración. Iso é unha vella reinvindicación nosa que, ano após ano, ficaba no esquecimento por parte da AEAT e que, por fin, parece que vai ter solución. Este ano decidimos non asinar o Acordo de Formación Continua por coherencia, pois levamos anos insistindo nas carencias da formación da AEAT: sen cursos de reciclaxe, con cursos demasiado teóricos, con formación para a promoción interna «a distancia»...etc., con profesorado, en xeral, pouco preparado, e cuns cursos de axuda á promoción interna que non cumpren as expectativas.
|