CIG denuncia a desprotección da costa galega en materia de vixilancia antinarcotráfico

09 Jan 2009
Email , Categorias: Vixilancia Aduaneira, Info SVA,

Aparición duns náufragos a bordo dunha planadora, supostamente utilizada para transporte de drogas, asi o demonstra

Desde o verán de 2007 até hoxe as costas da Galiza están sendo tomadas polos narcotraficantes e as súas potentes planadoras, sen que sexan tomadas as medidas oportunas para evitar iso por parte dos responsábeis do Servizo de Vixilancia Aduaneira.

A CIG acaba de denunciar a desprotección que sofre nos dias de hoxe a costa galega en materia de vixilancia antinarcotráfico. Diversos meios de comunicación como La Voz de Galicia (vexa-se aqui) ou El Correo Gallego (vexa-se aqui) divulgaron a noticia recollendo o comunicado de imprensa que agora disponibilizamos.