Delegados e delegadas da CIG exixen máis investimento social e produtivo

17 Dez 2008

A central organizou unha concentración contra os Orzamentos e para demandar o debate da Iniciativa Lexislativa Popular

Arredor de meio millar de delegados e delegadas da CIG exixiron diante do Parlamento da Galiza a redacción duns novos orzamentos capaces de achegar respostas adecuadas á situación de crise económica. Durante a convocatoria tamén se denunciou o bloqueo que está a sofrer a Iniciativa Lexislativa Popular por parte dos grupos parlamentares, que rexeitaron debater o texto contra o plus dos altos cargos.