A Asemblea de Movimentos Sociais subliña a necesidade de estabelecer alianzas e actuacións conxuntas

07 Dez 2008

A CIG valora positivamente a participación no FSGal porque implica «pór Galiza no proceso do Foro Social Mundial»

A Asemblea de Movimentos Sociais celebrada no Auditorio de Galiza puxo o ponto e final ao primeiro Foro Social Galego co compromiso de buscar liñas de acción para o ano 2009. No plenario, desenvolvido á marxe do propio Foro e incentivado polos movimentos sociais presentes, púxose de manifesto a necesidade de tomar medidas factíbeis para luitar contra o modelo neoliberal a partir da propia Galiza e apostouse por continuar o traballo no Consello do Foro.