E entón? Continuamos a dar oportunidades á AEAT?

04 Dez 2008
Email , Categorias: Información AEAT, Info Xeral,

Nota conxunta SIAT-USO, UGT, CSI-CSIF e CIG

Durante moitos meses, todas as Organizacións Sindicais criticamos as actuacións dos dirixentes da AEAT, todos expuxemos a inutilidade, a falta de profisionalidade, temos pedido que se vaian embora e moito máis do Departamento de Recursos Humanos. Puxemos de manifesto que a AEAT reunía as Mesas sen propostas para facer a pantomima e poder argumentar ante os Tribunais o seu talante negociador, isto non é invento noso, está nas notas difundidas POR TODOS.

Cando as organizacións que emiten este comunicado deciden, no pasado día 18, un día antes da reunión da Mesa Xeral, apresentar o conflito é debido a moitos motivos, non aceitamos o proposto por CCOO: «é preciso dar unha nova oportunidade á AEAT», «É preciso negociar». Déixannos negociar?

Full story »