A CIG estará presente no Foro Social Galego organizando debates e comunicacións

03 Dez 2008

A central contará cun espazo propio no espazo dos Movimentos Sociais

O Foro Social Galego, que por primeira vez vai decorrer na Galiza, entre o 5 e 7 de decembro, conta xa con máis dun centro de adesións de colectivos sociais e persoas a título individual. A CIG vai ter unha presenza activa neste encontro através da organización de actividades, asistencia ás sesións plenarias e coa colocación dun posto propio no espazo dos Movimentos Sociais.