Axentes Facenda Pública - Promoción Interna |
|
| 18 Dez 2008 |
Como sabemos que moitos dos nossos visitantes están pendentes das pontuacións de Axentes Fazenda Pública - Promoción Interna, informamos que a resolución cos aprobados do segundo exercicio e da fase de oposición acaba de ser publicada na páxina da Axencia. Os nosos parabéns para as/os afortunadas/os.
|
Delegados e delegadas da CIG exixen máis investimento social e produtivo |
|
| 17 Dez 2008 |
Arredor de meio millar de delegados e delegadas da CIG exixiron diante do Parlamento da Galiza a redacción duns novos orzamentos capaces de achegar respostas adecuadas á situación de crise económica. Durante a convocatoria tamén se denunciou o bloqueo que está a sofrer a Iniciativa Lexislativa Popular por parte dos grupos parlamentares, que rexeitaron debater o texto contra o plus dos altos cargos. |
Concentración en Madrid dos traballadores e traballadoras da AEAT |
|
| 11 Dez 2008 |
O conflito declarado á AEAT continua a deparar mobilizacións na procura de conseguirmos que os direitos dos e das traballadoras sexan respeitados pola Administración. Onte mesmo em Madrid, representantes da CIG estiveron presentes nunha concentración junto con representantes sindicais da CSI-CSIF, SIAT-USO e UGT, alén de outros compañeiros e compañeiras que apoiaron o protesto.
|
A Asemblea de Movimentos Sociais subliña a necesidade de estabelecer alianzas e actuacións conxuntas |
|
| 07 Dez 2008 |
A Asemblea de Movimentos Sociais celebrada no Auditorio de Galiza puxo o ponto e final ao primeiro Foro Social Galego co compromiso de buscar liñas de acción para o ano 2009. No plenario, desenvolvido á marxe do propio Foro e incentivado polos movimentos sociais presentes, púxose de manifesto a necesidade de tomar medidas factíbeis para luitar contra o modelo neoliberal a partir da propia Galiza e apostouse por continuar o traballo no Consello do Foro. |
E entón? Continuamos a dar oportunidades á AEAT? |
|
| 04 Dez 2008 |
Durante moitos meses, todas as Organizacións Sindicais criticamos as actuacións dos dirixentes da AEAT, todos expuxemos a inutilidade, a falta de profisionalidade, temos pedido que se vaian embora e moito máis do Departamento de Recursos Humanos. Puxemos de manifesto que a AEAT reunía as Mesas sen propostas para facer a pantomima e poder argumentar ante os Tribunais o seu talante negociador, isto non é invento noso, está nas notas difundidas POR TODOS. Cando as organizacións que emiten este comunicado deciden, no pasado día 18, un día antes da reunión da Mesa Xeral, apresentar o conflito é debido a moitos motivos, non aceitamos o proposto por CCOO: «é preciso dar unha nova oportunidade á AEAT», «É preciso negociar». Déixannos negociar? |
A CIG estará presente no Foro Social Galego organizando debates e comunicacións |
|
| 03 Dez 2008 |
O Foro Social Galego, que por primeira vez vai decorrer na Galiza, entre o 5 e 7 de decembro, conta xa con máis dun centro de adesións de colectivos sociais e persoas a título individual. A CIG vai ter unha presenza activa neste encontro através da organización de actividades, asistencia ás sesións plenarias e coa colocación dun posto propio no espazo dos Movimentos Sociais. |