Primeira reunión da Comisión Negociadora para o desbloqueo do conflito declarado á AEAT

25 Nov 2008
Email , Categorias: Información AEAT, Info Xeral,

Comisión voltará a reunir no próximo dia 2 de decembro

Hoxe reuniu a comisión negociadora composta polos sindicatos convocantes (SIAT, UGT, CSI-CSIF e CIG) e a AEAT para desbloquear o conflito.

Despois de varias horas de reunión non pudemos chegar a un acordo que permita desconvocar o conflito pola cerrazón dos representantes da AEAT. Acordouse que a comisión negociadora se volte a reunir o vindeiro martes, día 2 de decembro.

...

Continuamos a defender a táboa reivindicativa que nos levou á declaración do conflito e luitamos por MANTER Os DIREITOS DOS TRABALLADORES; entre outros:

- Luitamos por unha repartición equitativa da produtividade.
- Luitamos pola negociación das modificacións da RPT que é pola que nos rexemos todos os traballadores da Axencia.
- Luitamos por conseguir o traslado que moitos traballadores levan pedindo desde hai anos; é claro, traslados con garantías xurídicas.
- Luitamos pola aplicación correcta do acordo de 14 de novembro.
- Luitamos por que se cumpram o ordenamento xurídico e as sentenzas.
- Luitamos para evitar os esquecimentos que a AEAT ten cos seus laborais.
- Luitamos polo cumprimento da Lei de Segunda Actividade de SVA.
- Luitamos polo cumprimento do acordo de Saúde Laboral.
- Enfin, loitamos pola dignidade dos empregados públicos da AEAT.

ESTAMOS CHEOS DE TANTA ARROGANCIA, FALTA DE CULTURA DE DIALOGO, PREPOTENCIA, ORDENO E MANDO!!!