A CIG pon en marcha unha campaña para promover o uso do galego na Administración Pública

20 Nov 2008

O día 21 de novembro celébrase unha xornada informativa e formativa en Compostela

«Por unha administración mellor, mellor en galego» é o lema da campaña de promoción do uso do galego que a CIG acaba de pór en marcha na Administración Pública. A campaña, que constitúe a segunda fase dunha iniciativa que arrancou antes da celebración do 17 de Maio, pretende concienciar á traballadores/as e administracións da necesidade de afondar no cumprimento da normativa referida á normalización lingüística.