Guía para a Prevención de Riscos Laborais no Embarazo e a Lactación |
|
| 27 Nov 2008 |
A secretaría da Muller da CIG acaba de apresentar o Guía para a Prevención de Riscos Laborais no embarazo e a lactación no cuadro do I Congreso Internacional de Responsabilidade Social e Empresarial nas PEME, que se realiza no Palacio de Congresos de Compostela desde o mércores 26 de novembro até ao venres día 28. |
Primeira reunión da Comisión Negociadora para o desbloqueo do conflito declarado á AEAT |
|
| 25 Nov 2008 |
Hoxe reuniu a comisión negociadora composta polos sindicatos convocantes (SIAT, UGT, CSI-CSIF e CIG) e a AEAT para desbloquear o conflito. Despois de varias horas de reunión non pudemos chegar a un acordo que permita desconvocar o conflito pola cerrazón dos representantes da AEAT. Acordouse que a comisión negociadora se volte a reunir o vindeiro martes, día 2 de decembro. |
Comunicado denuncia Congreso APIFE |
|
| 20 Nov 2008 |
Diversas organizacións sindicais, entre as cais a CIG, acabamos de denunciar a realización en Valencia, nos dias 19, 20 e 21 de Novembro, do "curso de formación de carácter voluntario" destinado aos Inspectores de Finanzas do Estado. Pensamos que a verdadeira finalidade dese 'curso' é a de ser utilizado pola Asociación Profesional de Inspectores de Finanzas do Estado (APIFE) como 'tapadeira' para cobrir os gastos e xustificar as ausencias ao posto de traballo dos asistentes ao Congreso que dita Asociación realiza anualmente. A seguir disponibilizamos o comunicado conxunto apresentado e dirixido á Dirección Xeral de Recursos Humanos da AEAT:
|
A CIG pon en marcha unha campaña para promover o uso do galego na Administración Pública |
|
| 20 Nov 2008 |
«Por unha administración mellor, mellor en galego» é o lema da campaña de promoción do uso do galego que a CIG acaba de pór en marcha na Administración Pública. A campaña, que constitúe a segunda fase dunha iniciativa que arrancou antes da celebración do 17 de Maio, pretende concienciar á traballadores/as e administracións da necesidade de afondar no cumprimento da normativa referida á normalización lingüística. |
Mobilizacións na AEAT |
|
| 19 Nov 2008 |
A seguir disponibilizamos o escrito apresentado onten polas organizacións sindicais (excepto Gestha e CCOO), anunciando a posíbel convocatoria de mobilizacións, e a nota conxunta difundida pola CIG, CSI-CSIF, SIAT-USO e UGT, sobre a declaración de conflito na AEAT. Nos escritos especificanse os diversos incumprimentos da Administración e as reivindicacións da parte social.
|
Relación festas laborais 2009 |
|
| 17 Nov 2008 |
A seguir disponibilizamos Resolución do Ministerio do Traballo con a relación das festas laborais para o ano 2009, publicada nestes dias no BOE.
|
A CIG mobilízase en toda a Galiza en demanda de medidas para enfrontar a crise económica |
|
| 17 Nov 2008 |
As manifestacións en Vigo, A Coruña, Ferrol, Compostela, Pontevedra, Lugo, Ourense e Viveiro, convocadas pola CIG na noite do 13 de novembro, mobilizaron máis de 15.000 persoas contra a crise económica e a falta de medidas reais das administracións e apoio aos traballadores e traballadoras. Nestas marchas reclamouse que se poñan as bases para desenvolver un novo modelo socioeconómico e que se adopten medidas para que a crise a paguen os que a provocaron e non a maioría social. |
«As administracións públicas son persoas. Cara ao emprego público do século XXI» |
|
| 06 Nov 2008 |
A seguir disponiblizamos Resolución do DOG de 27 de outubro de 2008 pola que se convocan as xornadas «As administracións públicas son persoas. Cara ao emprego público do século XXI». O prazo de apresentación de peticións para assistir às mesmas finalizará no dia 25 de novembro de 2008.
|