CIG leva ao Parlamento do Estado iniciativas sobre Vigilancia Aduaneira

28 Out 2008
Email , Categorias: Vixilancia Aduaneira, Info SVA,

Duas Perguntas e unha Proposición Non de Lei apresentadas no Congreso dos Deputados

A seguir disponibilizamos as diversas iniciativas da CIG que atinxen reivindicacións dos compañeiros do Servizo de Vigilancia Aduaneira e que acaban de ser levadas ao Congreso dos Deputados pola deputada do BNG Olaia Fernández Davila.

As iniciativas incluem duas perguntas, das cais se pede resposta por escrito, e unha proposición non de lei:

...

No que diz respeito ás perguntas, unha trata sobre o rexime xurídico do persoal do SVA e unha outra sobre regulación da situación da segunda actividade.

Na proposición non de lei pede-se que sexa aplicada a regulación referente aos traballadores do SVA; elaborada unha normativa, en seu caso; reunida a Comisión Paritaria e constituído o Tribunal Médico.

Informaremos pontualmente das respostas e resultados de todas estas iniciativas.