Info da Mesa Xeral de 14 de outubro |
|
| 15 Out 2008 |
O dia 14 de outubro reunimos a parte social e a administración coa intención de desbloquear a situación das mesas de negociación, bloqueo ao que nos vimos abocados pola postura da AEAT e os sindicatos estatais, sindicatos que asinaron o Estatuto Básico do Empregado Público e depois non o queren asumir na AEAT as consecuencias. ... Por parte da C.I.G. comentamos o positivo da convocatoria da mesa, para tentar retomar unha situación de normalidade nas relacións laborais, pois desde primeiros de xuño non era posíbel avanzarmos en ningún tema, xa que nas reunións os demais sindicatos limitábanse a comparecer e acto seguido marchar, non podendo asi chegarmos a ningun tipo de conclusión nin acordo. Esta organización sindical pediu un calendario de reunións con datas concretas para podermos tratar de xeito urxente tanto os diversos aspectos que están pendentes do Acordo de Carreira Administrativa (mobilidade xeográfica, promoción interna, carreira vertical ...etc), coma os demais temas que afectan os empregados da Axencia: saúde laboral, Campaña de Renda, Formación... Fixemos unha mención especial á Vixilancia Aduaneira, que se encontra nunha situación de esquecimento por parte dos responsábeis da Axencia con multitude de temas que están sen tratar desde hai anos (segunda actividade, acordo horario, etc...) A AEAT só se comprometeu a convocar a Mesa de Seguimento do Acordo, pois consideran prioritario o densenrolo da carreira en todos os seus pontos, pero non asi o tema de Vixilancia Aduaneira que volta a ficar aparcado durante uns meses. Ao fin da reunión non tivemos máis remedio que expresar o noso descontentamento pois continuamos sen ter datas de reunión para todas estas Mesas, e con Vixilancia Aduaneira outra vez relegada a un segundo plano pola AEAT e os sindicatos estatais.
|