Aprobados aceso libre primeiro exercicio Corpo Axentes SVA

29 Out 2008

Oferta de Emprego Público 2008

A seguir disponibilizamos listado de aprobados do primeiro exercicio para o aceso ao corpo de axentes de investigación e maritimos do SVA, ben como lugares e datas para a realización do segundo:

 

13 de novembro: manifestacións en toda a Galiza

29 Out 2008

«Por un novo modelo económico e social, a crise que a pague o capital»

A CIG acaba de iniciar unha campaña para denunciar os responsábeis da actual situación de crise económica e as repercusións que terán, para a clase traballadora, as medidas adoptadas até agora polos distintos gobernos.

Na campaña demandaráse que sexan postas as bases para desenvolver un novo modelo socioeconómico e que sexan adoptadas medidas para que a crise sexa paga polos que a provocaron e non pola maioría social.

Full story »

 

CIG leva ao Parlamento do Estado iniciativas sobre Vigilancia Aduaneira

28 Out 2008
Email , Categorias: Vixilancia Aduaneira, Info SVA,

Duas Perguntas e unha Proposición Non de Lei apresentadas no Congreso dos Deputados

A seguir disponibilizamos as diversas iniciativas da CIG que atinxen reivindicacións dos compañeiros do Servizo de Vigilancia Aduaneira e que acaban de ser levadas ao Congreso dos Deputados pola deputada do BNG Olaia Fernández Davila.

As iniciativas incluem duas perguntas, das cais se pede resposta por escrito, e unha proposición non de lei:

Full story »

 

CIG apoia reivindicacións dos traballadores do Buque de Operacións Especiais

24 Out 2008
Email , Categorias: Vixilancia Aduaneira, Info SVA,

Mais información ligando para o 687 81 01 81
(Antón Lestón, responsável CIG Vigilancia Aduaneira)

O pedido de esclarecimento das condicións especiais en que están a traballar os compañeiros do Buque de Operacións Especiais está a ser motivo de reivindicación apoiada pola CIG.

Lembramos que estes traballadores están nunha situación de duplo destino: por un lado Madrid, que é o lugar onde está adscrito o seu posto; e por outro a base marítima onde estaban destinados antes do concurso convocado en 16 de Maio de 2007.

Full story »

 

Procesos selectivos AEAT 2008 - Actualización

24 Out 2008

Mais información na CIG-AEAT chamando para o 981 61 68 89

A seguir disponibilizamos información actualizada, a data 24 de Outubro de 2008, sobre os procesos selectivos da AEAT neste ano 2008. É de destacar que a incorporación do Persoal Laboral que obtivo posto na convocatoria de Promoción Interna terá lugar no dia 29 de Outubro de 2008.

 

Administración aplica 'novidades' na carreira vertical dos subgrupo A1 e A2

23 Out 2008
Email , Categorias: Información AEAT, Carreira,

Complemento específico do subgrupo A1 sobe mais de 3.000 euros

No dia 22 de outubro reunimos en Madrid a parte social e a administración para nos informar do decorrer das distintas fases do Acordo de Carreira Profisional, tal como acordáramos no dia 14 de outubro pasado, na Mesa Xeral.

A nosa surpresa foi grande cando descobrimos que através dunha resolución asinada por Luis Pedroche xa tiña sido aplicada a carreira vertical para 250 funcionarios do subgrupo A1 de nível 28, cunha subida do complemento específico de mais de 3.000 euros, e igualmente reclasificaran aproximadamente 40% dos grupos A2.

Full story »

 

Info da Mesa Xeral de 14 de outubro

15 Out 2008

Mais información na CIG-AEAT chamando para o 981 61 68 89

O dia 14 de outubro reunimos a parte social e a administración coa intención de desbloquear a situación das mesas de negociación, bloqueo ao que nos vimos abocados pola postura da AEAT e os sindicatos estatais, sindicatos que asinaron o Estatuto Básico do Empregado Público e depois non o queren asumir na AEAT as consecuencias.

Full story »

 

CIG-AEAT apresenta escrito a respeito da produtividade

14 Out 2008

Mais información na CIG-AEAT chamando para o 981 61 68 89

A seguir disponibilizamos o escrito que a CIG dirixiu no dia 3 de Outubro passado ao Delegado Especial sobre o acontecido coa produtividade deste último trimestre, paga no mes de Setembro de 2008.

 

Dez perguntas sobre a crise

14 Out 2008
Email , Categorias: Notícias Sindicato, Opinión,

Por Michel Collon

1. Subprimes? O punto de partida é unha verdadeira estafa xa que os bancos occidentais gañaron unha enorme cantidade de diñeiro á conta dos fogares estadounidenses, dicíndose que, se non eran capaces de pagar, lles ían quitar as casas por catro pesos.

2. É só unha crise bancaria? Non, en absoluto. Trátase dunha verdadeira crise económica que comezou no sector bancario, pero que posúe unhas causas moito máis profundas. En realidade, toda a economía dos Estados Unidos vive a crédito desde hai 30 anos. (...)

Full story »

 

Información procesos selectivos AEAT

08 Out 2008

Mais información na CIG-AEAT chamando para o 981 61 68 89

A seguir disponibilizamos información, a data 6 de Outubro de 2008, sobre o estado das distintas oposicións da AEAT que están en marcha este ano.

 

1 2 >>