Novo cartón identificativo do SVA

13 Ago 2008
Email , Categorias: Vixilancia Aduaneira, Info SVA,

Mais información na CIG-AEAT chamando para o 981 61 68 89

A seguir disponbilizamos Resolución de 18 de Julho de 2008, da Dirección Xeral da Axencia Estatal de Administración Tributaria, pola cal foi estabelecido o modelo de cartón (tarjeta) de identidade profisional dos funcionarios de Vixilancia Aduaneira:

 

17 de agosto, Día da Galiza Mártir

08 Ago 2008

Programación de actos para esa xornada da “Fundación Alexandre Bóveda”

A “Fundación Alexandre Bóveda” fai pública a convocatoria dos actos que organiza con motivo do Día da Galiza Mártir, en que se quer render tributo ás vítimas galegas da represión, personificadas en grande medida na figura de Alexandre Bóveda por canto representa un sinal de identidade propio e inequívoco do que significou o descabezamento dun pobo que empezaba a dar os seus primeiros pasos polo camiño do seu autogoberno.

 

A Secretaría da Muller edita un guía práctico para implementar planos de igualdade nas empresas

08 Ago 2008

A publicación está destinada á formación dos delegados e delegadas

Este Guía ten como obxectivo achegar ás nosas delegadas e delegados unha ferramenta de traballo a propósito dos planos de igualdade, unha das medidas que recolle o marco normativo actual, para conseguir a igualdade entre as mulleres e os homes no mercado laboral.